O CONCELLO DE COVELO NON QUERE PROTEXER O SUÍDO E O RÍO TEA
O seu goberno municipal rexeita solicitar á Consellaría de medio Ambiente a paralización de tódolos proxectos mineiros, eólicos e hidráulicos que poñen en perigo a conservación destes lugares
O goberno municipal do PP de Covelo rexeitou unha moción presentada pola Asemblea do Suído no último pleno municipal, para solicitar á Consellaría de Medio Ambiente medidas cautelares para evitar a deterioración da Serra do Suído e do río Tea (afectados por varios proxectos mineiros, eólicos e hidráulicos). Asemade tamén rexeitou a solicitude de maior espazo de protección para o Suído e para o Tea. A ampliación do Suído incluiría a parte norte e o Coto de Eira, agora excluídos polos intereses eólicos e mineiros. A ampliación do Tea solicitada abarcaría a totalidade do río Tea (incluíndo as súas fragas na bacía alta nas parroquias covelenses de Campo, Fofe, Godóns e Prado, agora excluídas), o río Alén até o seu nacemento no Coto de Eira e a totalidade do río Xabriña até a Paradanta. (máis…)








